viernes, 31 de enero de 2014

Xestión de usuarios e permisos

CREACIÓN DE GRUPOS DE USUARIOS
Linux e Windows son sistemas multiusuario. Este permite que varias persoas podan usar o mesmo ordenador para realizar as súas tarefas.
Ambos sistemas operativos xestionan a información asignando contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario, e os permisos que teña, o sistema lle permite o acceso aos recursos aos que esté autorizado.
IDENTIFICACIÓN
Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password).

Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que se teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.
Identificación
XESTIÓN DE CONTAS EN WINDOWS
As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no panel de control. Pódense crear novas carpetas, modificar ou eliminar as existentes.
Xestión de contas

ESPAZO DE TRABALLO
Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc. Por exemplo, a conta de usuario María almacénase do seguinte modo 
                       Sistema operativo             Directivo 
                            Windows                     C:/documents and settings/maria
TIPOS DE USUARIOS 
Normalmente no sistema existe un Administrador e o resto son Usuarios.
Administrador ou root
·Administrador ou root. É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso e previlexios sobre todos os recursos. Pode instalar e desintalar programas ou hadware, xestionar aos usuarios, etc.
·Usuario. É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciales.
·Grupo. Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence.
Exemplos de grupos son Alumnos, Profesores, Invitados, etc.
Grupo
ADXUDICACIÓN DE PERMISOS EN WINDOWS
Para definir, ver cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows:
1. Facer clic co botón dereito do ratón no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestaña Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os  usuarios que non tendrán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuaro do que dispón poidéndose permitir ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades non se mostra a pestaña Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparenza e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestaña Ver, desactivar a casela Utilizar uso compartido simple de arquivos, que encóntrase no apartado Configuración apartada.
adxudicación de permisos en windows

No hay comentarios:

Publicar un comentario