lunes, 23 de septiembre de 2013

A miña música preferida



A miña música prefrerida é o pop. A música pop é aquela que, á marxe da instrumentación e tecnoloxía aplicada para a súa creación, conserva a estrutura formal "verso - retrouso - verso", executada dun modo sinxelo, melódico, apegadizo, e normalmente asimilable para o gran público. As súas grandes diferenzas con outros estilos están nas voces melódicas e claras en primeiro plano e percusións lineais e repetidas.

O pop, nome que procede de música popular, é o xénero musical máis estendido entre a cultura xuvenil de principios do século XXI. Dende a aparición dos Beatles este xénero desenvolveuse nos máis diversos camiños.

Un dos meus intérpretes favoritos da música pop é Bruno Mars. Criouse en Honolulu, Hawai por unha familia de músicos, Mars empezou a facer música a unha idade xoven (aos 2 anos). Tras actuar en diversos espectáculos musicais na súa cidade natal durante toda a súa infancia, decidiu seguir unha carreira musical e trasladouse a Os Anxeles. Mars comezou a producir cancións para outros artistas, ao unirse ao equipo de produción The Smeezingtons.