viernes, 31 de enero de 2014

Xestión de usuarios e permisos

CREACIÓN DE GRUPOS DE USUARIOS
Linux e Windows son sistemas multiusuario. Este permite que varias persoas podan usar o mesmo ordenador para realizar as súas tarefas.
Ambos sistemas operativos xestionan a información asignando contas aos distintos usuarios. Dependendo do tipo de usuario, e os permisos que teña, o sistema lle permite o acceso aos recursos aos que esté autorizado.
IDENTIFICACIÓN
Para entrar nun sistema operativo multiusuario solicítase un nome de usuario (login) e un contrasinal (password).

Unha vez introducidos estes datos, o sistema operativo permite o acceso aos recursos que se teñan autorizados dependendo do tipo de usuario.
Identificación
XESTIÓN DE CONTAS EN WINDOWS
As contas dos usuarios xestiónanse dende Contas de usuario no panel de control. Pódense crear novas carpetas, modificar ou eliminar as existentes.
Xestión de contas

ESPAZO DE TRABALLO
Ao espazo de traballo dun usuario chámaselle Conta de usuario. A cada conta asígnaselle un directorio específico no disco duro onde se almacena toda a información de cada usuario, seus documentos, favoritos, personalización do escritorio, etc. Por exemplo, a conta de usuario María almacénase do seguinte modo 
                       Sistema operativo             Directivo 
                            Windows                     C:/documents and settings/maria
TIPOS DE USUARIOS 
Normalmente no sistema existe un Administrador e o resto son Usuarios.
Administrador ou root
·Administrador ou root. É o encargado da configuración e mantemento do sistema. Ten acceso e previlexios sobre todos os recursos. Pode instalar e desintalar programas ou hadware, xestionar aos usuarios, etc.
·Usuario. É quen utiliza o sistema e ten acceso aos recursos que o administrador lle permite. Non pode cambiar a configuración nin eliminar arquivos esenciales.
·Grupo. Os usuarios asócianse en forma de grupos para facilitar certas tarefas, como compartir recursos. Cada usuario poderá acceder aos seus propios recursos e aos do grupo ao que pertence.
Exemplos de grupos son Alumnos, Profesores, Invitados, etc.
Grupo
ADXUDICACIÓN DE PERMISOS EN WINDOWS
Para definir, ver cambiar ou quitar permisos de arquivos e carpetas en Windows:
1. Facer clic co botón dereito do ratón no arquivo ou carpeta e seleccionar Propiedades.
2. Seleccionar a pestaña Seguridade. Móstrase un listado de todos os grupos ou usuarios que teñen dereitos sobre o obxecto.
3. Utilizar o botón Quitar para eliminar os  usuarios que non tendrán acceso, ou ben, Agregar para engadir novos usuarios.
4. Ao seleccionar un grupo ou usuario móstranse os Permisos de usuaro do que dispón poidéndose permitir ou denegar cada un deles.
Se na ventá Propiedades non se mostra a pestaña Seguridade:
1. Facer clic en Inicio.
2. entrar no Panel de control.
3. Seleccionar Aparenza e temas.
4. Entrar en Opcións de carpeta.
5. Na pestaña Ver, desactivar a casela Utilizar uso compartido simple de arquivos, que encóntrase no apartado Configuración apartada.
adxudicación de permisos en windows

Configuración dunha rede

·CONFIGURACIÓN

 Unha vez instalados os elementos que compoñen unha rede, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comece a funcionar.
Tanto Windows coma Linux detectan e configuran automaticamente a rede ao instalarse.
Non obstante, en cualquiere momento pódese verificar ou modificar esta configuración. Para iso desenvólvese os seguintes pasos:
1. Entrar no menu inicio.
2. Facer clic no botón dereito do ratón na icona Meus sitios de rede. Aparecerá a icona que informa sobre o estado da rede de área local.

3. Presionar sobre este icono no botón dereito do rato e seleccionar propiedades.
4.  Facer dobre clic sobre: protocolo internet (TCP/IP).
Unha vez seguidos estes pasos aparece o cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local dende onde se poden configurar parámetros referentes á rede, tales como:
-Nome do equipo.
-Grupo de traballo.
-Máscara de subrede.
-Porta de enlace.
-DNS.


·IDENTIFICACIÓN NA REDE 
Cada un dos equipos que pertencen a unha rede deben ter asignado un nome distinto. 
A súa vez, estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
Exemplos:
  -Grupo de traballo:
             CASA
  -Nome dos equipos:
           PC Goyi
           PC Alberto
           PC Portátil
            

·COMPROBAR O FUNCIONAMENTO DA REDE 
 1 .Abrir o menú inicio e facer clic sobre Os meus sitios de rede. Aparece unha pantalla cós documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os ordenadores que forman parte da rede, facer un clic en ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados na rede nese momento. 

·CONECTARSE A UNHA REDE WIFI DENDE UN EQUIPO 
Un equipo WiFi conéctase automaticamente a rede que haxa ó seu alcance. 
Facendo doble clic sobre un icono é posible elexir entre unha unha das redes inalámbricas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.

·COÑECER A DIRECCIÓN IP
Para coñecer a IP que ten asinada un equipo da rede, débese executar o comando:
 ·Ifconfig: se é baixo Linux.
 ·Ipconfig: se é baixo Windows. 

·PING  
Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos  ao dispositivo especificado por unha dirección IP. Ping é unha utilidade que diagnostica en redes de computadoras que comproba o estado da comunicación co host local cun ou varios equipos remotos dunha rede TCP/IP por medio do envío de paquetes ICMP de solicitude e de resposta. Mediante esta utilidade pode diagnosticarse o estado, velocidade e calidade dunha rede determinada
                  Ej/ ping 192.168.1.1.
Hai que comprobar as estadísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.


lunes, 27 de enero de 2014

Creación de redes locais

·DISPOSITIVOS DE INTERCONEXIÓN
Os dispositivos necesarios para poder interconectar todos os equipos, formando unha rede de área local, variarán en función das características da rede. Os mais comúns son:
Tarxetas de rede

 ·Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
    -Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde ira conectado o cable.
    -WiFi.. Son tarxetas inalámbricas que permiten conectar o ordenador a rede a través de ondas.Pódese utilizar a de calquer fabricante sempre que cumpla os estándares.
Os portátiles, normalmente, veñen equipos con ambas.


·Concentradores. Os concentradores son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para elo dispoñen de portos con conectores RJ-45. Existen 3 clases:
-Pasivo: non necesita enerxía eléctrica.
-Activo: necesita alimentación.
-Intelixente: tamén chamados smart hubs son hubs activos que inclúen microprocesador. 
Os concontradores poden ser:
    -Hub. É o mais básico e usase en pequenas redes. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe información e o resto a omiten.
    -Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envia os datos ao equipo destinatario. 
 ·Puntos de acceso: Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switch, pero substitúen os cables por ondas.
 ·Router: É mais avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, etc. Se o router é inalambrico é posible conectarse directamente cos equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.
 ·Cables de rede: Aínda que existen varios tipos, o mais utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos condutores que se encontran trenzados de dous en dous para apantallalo contra interferencias.
Cando se trata de redes con requirimentos de altas velocidades, recórrese a cable e dispositivos de fibra óptica. Encarece en montaxe dunha rede pero as presentacións son moi altas.


Dispositivos de interconexión

·INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DE DISPOSITIVOS
 A instalación e configuración dos dispositivos de interconexión é moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
·Tarxetas de rede: Retirar a carcasa do equipo e conectar nunha das rañuras de expansión dispoñibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, teremos que seguir os pasos que facilita o provedor utilizando o disco de instalación.
·Concentradores: Non requiren configuración e abonda con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
·Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador. 

Router


·Router: Ha de ser configurado cos parámetros do porveedor de internet. Normalmente vén configurado para comezar a funcionar. Se é inalámbrico é conveniente asegurarse de que a rede inalámbrica ten a seguridade habilitada para impedir que outros usuarios teñan acceso.
 

 ·Cableado: Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router. Hai que ter certas precaucións na súa instalación, como non dobrar o cable, non o fixar á parede con material que poida danalo, etc.

 ·CONEXIÓN DOS COMPOÑENTES
 Actualmente a maioría das redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estrutura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador. 

Un dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
 
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet. Isto converte esta rede de área local nun intranet.
 
Para crear subredes ou ampliar a rede é posible conectar concentradores entre se utilizando un porto especial que dispoñen para iso.
Conexión dos compoñentes

·REDES MIXTAS 
Redes mixtas
É posible crear unha rede mixta con equipos cableados e equipos inalámbricos. 
Para elo utilízase un punto de acceso inalámbrico. Este punto permite conectar ambos tipos de redes. É muy útil para conectar un portátil ou equipo alexado a unha rede inalámbrica.

Páxina web de creación de redes 

viernes, 17 de enero de 2014

Redes informáticas

 QUE É UNHA REDE
Unha rede é un conxunto de ordenadores conectados entre sí, que pode compartir datos (imáxenes, documentos, etc.) e recursos (unha impresora, disco duro, etc.).
A rede máis simple consta de dous ordenadores e a sua complexidade pode aumentar ata conectar miles de ordenadores en todo o mundo, tal e como sucede coa rede internet.
Unha rede de computadoras, tamén chamada rede de ordenadores, rede de comunicacións de datos ou rede informática, é un conxunto de equipos informáticos e software conectados entre se por medio de dispositivos físicos que envían e reciben impulsos eléctricos, ondas electromagnéticas ou calquera outro medio para o transporte de datos, coa finalidade de compartir información, recursos e ofrecer servizos.
TIPOS DE REDES
As redes infomáticas poden clasificarse da acordo cos varios parámetros:
>Según o seu tamaño ou área de cobertura:
  ·Redes de Área Local (LAN, Local Area Networks). Son redes de pequena extensión (rede de unha universidade, un edificio, unha casa, etc.).
 A oferta de redes de área local é moi ampla, existindo solucións case para calquera circunstancia. Podemos seleccionar o tipo de cable, a topoloxía e mesmo o tipo de transmisión que máis se adapte ás nosas necesidades. Non obstante, de toda esta oferta as solucións máis estendidas son tres: Ethernet, Token Ring e Arcnet
·Redes  de Área Extensa (WAN, Wide Area Networks). Estas redes interconectan equipos xeográficamente mais dispersos (unha cidade, un país ou incluso distintos continentes).  
É calquera rede que une varias redes locais, chamadas LAN, polo que os seus membros non están todos nunha mesma situación física. Moitas WAN son construídas por organizacións ou empresas para o seu uso privado, outras son instaladas polos provedores de internet (ISP) para prover conexión aos seus clientes.
 >Según o seu nivel de acceso ou privacidade:
  · Internet. É unha rede mundial de redes de ordenadores. Caracterízase por ser de acceso público e permitir aos seus usuarios comunicarse e compartir informacion e servizos en todo o mundo.
 Internet é un conxunto descentralizado de redes de comunicación interconectadas que utilizan a familia de protocolos TCP/IP, o cal garante que as redes físicas heteroxéneas que a compoñen funcionen como unha rede lóxica única, de alcance mundial. As súas orixes remóntanse a 1969, cando se estableceu a primeira conexión de computadoras, coñecida como Arpanet, entre tres universidades en California e unha en Utah, Estados Unidos. Un dos servizos que máis éxito tivo en Internet foi a World Wide Web (WWW ou a Web), a tal punto que é habitual a confusión entre ambos os dous termos. A WWW é un conxunto de protocolos que permite, de forma sinxela, a consulta remota de arquivos de hipertexto. Esta foi un desenvolvemento posterior e utiliza Internet como medio de transmisión.
·Intranet. É unha rede local que utiliza ferramentas de internet (wed, correo electrónico, ftp, etc.).  Pódese considerar coma unha internet privada que funciona dentro da mesma institución.
O termo intranet utilízase en oposición a internet, unha rede entre organizacións, facendo referencia pola contra a unha rede comprendida no ámbito dunha organización.
·Extranet. é unha rede privada virtual resultante da interconexión de dous ou mais intranets utilizando para elo internet como medio de comunicación.
 Pódese dicir noutras palabras que un extranet é parte do Intranet dunha organización que se estende a usuarios fóra dela. Usualmente utilizando Internet. O extranet adoita ter un acceso semiprivado, para acceder ao extranet dunha empresa non necesariamente o usuario ha de ser traballador da empresa, pero se ter un vínculo coa entidade. É por iso que un extranet require ou necesita un grao de seguridade, para que non poida acceder calquera persoa. Outra característica do extranet é que se pode utilizar como un Intranet de colaboración con outras compañías.
WLAN
Un tipo de redes de área local bastante extendida son as Redes de Área Local Inalámbricas o WLAN, Wireless Local Area Networks.Estas redes permiten ao usuarios aceder a información e recuersos sen necesidade de estar físicamente conectados a un determinado lugar. 
 RECURSO COMPARTIDO
Un recuros compartido é calquer dispositivo, conxunto de datos ou programa que poda compartirse nunha rde. Poden ser recursos compartidos os arquipos, as carpetas, unha base de datos, o disco duro, unha impresora,  lector de DVD, etc.
  EQUIPOS NA REDE
Nas redes, en particular nas redes locales, soen diferenciarse:  
·O servidor. É o ordenador que proporciona recursos compartidos e servizos aos usuarios dunha rede. Os servizos poden ser de wed, correo electrónico, impresión, etc. 
·Os cilentes. Son o resto dos equipos conectados a rede. Normalmente estes equipos traballan de forma autónoma acedendo a rede para intercambiar información ou utilizar os recussos e servizos que ofrecen o servidor.              CONCEPTOS BÁSICOS SOBRE REDES
Cando se traballa con redes é necesario coñecer unha serie de concptos que son básicos para a sua montaxe, configuración e posterior uso. Algúns deles son: 
·A comunicación é o proceso que involucra a un emisor, a unha mensaxe que será transmitida a través dunha canle e a un receptor. 
Nunha rede, os ordenadores son emisores e receptores ao mesmo tempo. A canle é o medio polo que circulan os datos: cables, fibra óptica, ondas, etc. 
 ·Protocolo. Para que emisor e receptor poidan entenderse entre si é necesario que utilicen unha mesma linguaxe. En informática, a esta linguaxe de regras chámaselle protocolo. O protocolo máis utilizado é o que emprega internet e chámase TCP/IP.
 ·Dirección IP. É a dirección de rede do ordenador. Cada un dos ordenadores que forman parte da rede identifícase por un número denominado dirección IP. A dirección IP está formada por catro números separados por puntos, cada un dos cales pode tomar valores entre 0 e 255.
·Máscara de rede. Número similar á dirección IP, que determina que parte da dirección de IP especifica ao equipo e que parte á subrede á que pertence. Utilízase para crear subredes. 
·Grupo de traballo. Os equipos agrúpanse en subredes para facilitar o seu uso. Para que os equipos dunha rede se poidan conectar entre si han de estar no mesmo grupo de traballo.
·Puerta de enlace ou Gateway. É a dirección IP a través da cal se sae da rede local cara ao exterior, xa sexa outra rede ou internet. Adoita ser a IP de router. 
·DNS, Sistema de Nome por Dominio. As direccións IP son difíciles de recordar polos usuarios. Poe iso utilízase o DNS que asocia as direciones IP a un conxunto de palabras máis doadas de recordar.

Páxina web de redes informáticas
Video de redes informáticas