viernes, 7 de febrero de 2014

Compartir recursos

COMPARTIR RECURSOS EN WINDOWS
Para poder compartir os recursos na rede é necesario que na configuración da rede de área local este activada a casela Compartir impresoras e arquivos. Para elo, dentro de conexións de rede, facer clic co botón dereito do ratón sobre conexión de área local para ver as súas propiedades.
Compartir carpetas e discos
Para compartir carpetas ou discos os pasos son semellantes:
1.Pulsar o botón dereito do ratón sobre o que se vai compartir.
2. Seleccionar a opción Compartir e Seguridade.
3. O cadro de diálogo que aparece é diferente en función de que este activado o Uso compartido simple de arquivos ou non. En calquera caso, seleccionar a opción Compartir esta carpeta.
  - Na compartición simple, pódese activar a casela Permitir que os usuarios da rede cambien os meus arquivos si se permite acceso total a ela na rede; de non marcala solo podrá ser leída ou copiada, non modificada.
  - Na compartición con permisos, facer clic sobre o botón permisos para asiganar permisos aos distintos usuarios.
4. Facer clic en Aplicar e Aceptar para que os cambios surtan efecto.
Ao compartir unha carpeta aparece baixo ela unha man. Este é o símbolo que identifica as carpetas compartidas.
COMPARTIR IMPRESORAS
No equipo con impresora 
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción Impresoras e faxes.
2. Pulsar o botón dereito do ratón sobre o icono da impresora e selecionar a opción Compartir.
3. Activar a casela Compartir impresora.
4. Presionar en Aplicar e Aceptar.
5. Visualizarase o icono.
No resto de equipos
1. Facer clic en Inicio e seleccionar a opción de Impresoras e faxes.
2. Facer clic sobre o enlace Agregar unha impresora e iniciarase un asistente moi sinxelo no que soamente hai que indicar o equipo da rede donde se encontra activada a impresora a agregar.
3. Visualizarase o icono .
COMPARTIR RECURSOS BAIXO DIFERENTES SISTEMAS OPERATIVOS 
É posible traballar, nunha mesma rede, con equipos que teñen diferentes sistemas operarivos instalados. Isto conséguese grazas a aplicación SAMBA de Linux.
· Dende Windows, accédese aos recursos compartidos noutros equipos, con Windows ou Linux, utilizando o Entorno de rede e navengando polos diferentes recursos.

Compartir recusos en Windows
 Vídeo de compartir recursos en Windows

No hay comentarios:

Publicar un comentario