lunes, 27 de enero de 2014

Creación de redes locais

·DISPOSITIVOS DE INTERCONEXIÓN
Os dispositivos necesarios para poder interconectar todos os equipos, formando unha rede de área local, variarán en función das características da rede. Os mais comúns son:
Tarxetas de rede

 ·Tarxetas de rede. Cada un dos equipos debe ter instalada unha tarxeta de rede. As tarxetas poden ser:
    -Ethernet. Utilizan un conector RJ-45, parecido ao do teléfono, que é onde ira conectado o cable.
    -WiFi.. Son tarxetas inalámbricas que permiten conectar o ordenador a rede a través de ondas.Pódese utilizar a de calquer fabricante sempre que cumpla os estándares.
Os portátiles, normalmente, veñen equipos con ambas.


·Concentradores. Os concentradores son os dispositivos que conectan os cables que proceden de cada equipo. Para elo dispoñen de portos con conectores RJ-45. Existen 3 clases:
-Pasivo: non necesita enerxía eléctrica.
-Activo: necesita alimentación.
-Intelixente: tamén chamados smart hubs son hubs activos que inclúen microprocesador. 
Os concontradores poden ser:
    -Hub. É o mais básico e usase en pequenas redes. Os datos que lle chegan son enviados a todos os equipos da rede. O ordenador destinatario recibe información e o resto a omiten.
    -Switch. Realiza a mesma función que un hub pero de forma "intelixente", xa que soamente envia os datos ao equipo destinatario. 
 ·Puntos de acceso: Teñen a mesma funcionalidade que os hubs ou switch, pero substitúen os cables por ondas.
 ·Router: É mais avanzado que un concentrador e permite xestionar direccións IP, etc. Se o router é inalambrico é posible conectarse directamente cos equipos sen necesidade de concentradores ou cableado.
 ·Cables de rede: Aínda que existen varios tipos, o mais utilizado en redes locais é o par trenzado. Trátase dun cable formado internamente por oito fíos condutores que se encontran trenzados de dous en dous para apantallalo contra interferencias.
Cando se trata de redes con requirimentos de altas velocidades, recórrese a cable e dispositivos de fibra óptica. Encarece en montaxe dunha rede pero as presentacións son moi altas.


Dispositivos de interconexión

·INSTALACIÓN E CONFIGURACIÓN DE DISPOSITIVOS
 A instalación e configuración dos dispositivos de interconexión é moi sinxela. Algunhas nocións básicas son:
·Tarxetas de rede: Retirar a carcasa do equipo e conectar nunha das rañuras de expansión dispoñibles. É necesario instalar os drivers da tarxeta no equipo; para iso, teremos que seguir os pasos que facilita o provedor utilizando o disco de instalación.
·Concentradores: Non requiren configuración e abonda con conectalos á corrente eléctrica para que realicen a súa función.
·Puntos de acceso. Simplemente deben estar conectados, cun cable, ao router ou a outro concentrador. 

Router


·Router: Ha de ser configurado cos parámetros do porveedor de internet. Normalmente vén configurado para comezar a funcionar. Se é inalámbrico é conveniente asegurarse de que a rede inalámbrica ten a seguridade habilitada para impedir que outros usuarios teñan acceso.
 

 ·Cableado: Un extremo conéctase á tarxeta de rede do equipo e o outro ao concentrador ou router. Hai que ter certas precaucións na súa instalación, como non dobrar o cable, non o fixar á parede con material que poida danalo, etc.

 ·CONEXIÓN DOS COMPOÑENTES
 Actualmente a maioría das redes están organizadas en torno a un punto central que interconecta os dispositivos que a compoñen. Esta estrutura coñécese como topoloxía en estrela e caracterízase por conectar todos os equipos a un concentrador. 

Un dos equipos desta rede pode actuar como servidor de impresión, servidor de correo, etc.
 
Para que a rede teña conexión a internet, soamente hai que conectar o concentrador a un router conectado a internet. Isto converte esta rede de área local nun intranet.
 
Para crear subredes ou ampliar a rede é posible conectar concentradores entre se utilizando un porto especial que dispoñen para iso.
Conexión dos compoñentes

·REDES MIXTAS 
Redes mixtas
É posible crear unha rede mixta con equipos cableados e equipos inalámbricos. 
Para elo utilízase un punto de acceso inalámbrico. Este punto permite conectar ambos tipos de redes. É muy útil para conectar un portátil ou equipo alexado a unha rede inalámbrica.

Páxina web de creación de redes 

No hay comentarios:

Publicar un comentario