viernes, 31 de enero de 2014

Configuración dunha rede

·CONFIGURACIÓN

 Unha vez instalados os elementos que compoñen unha rede, o seguinte paso é configurar cada un dos equipos para que a rede comece a funcionar.
Tanto Windows coma Linux detectan e configuran automaticamente a rede ao instalarse.
Non obstante, en cualquiere momento pódese verificar ou modificar esta configuración. Para iso desenvólvese os seguintes pasos:
1. Entrar no menu inicio.
2. Facer clic no botón dereito do ratón na icona Meus sitios de rede. Aparecerá a icona que informa sobre o estado da rede de área local.

3. Presionar sobre este icono no botón dereito do rato e seleccionar propiedades.
4.  Facer dobre clic sobre: protocolo internet (TCP/IP).
Unha vez seguidos estes pasos aparece o cadro de diálogo coas propiedades da conexión de área local dende onde se poden configurar parámetros referentes á rede, tales como:
-Nome do equipo.
-Grupo de traballo.
-Máscara de subrede.
-Porta de enlace.
-DNS.


·IDENTIFICACIÓN NA REDE 
Cada un dos equipos que pertencen a unha rede deben ter asignado un nome distinto. 
A súa vez, estes equipos deben pertencer a un mesmo grupo de traballo que identifica á rede.
Exemplos:
  -Grupo de traballo:
             CASA
  -Nome dos equipos:
           PC Goyi
           PC Alberto
           PC Portátil
            

·COMPROBAR O FUNCIONAMENTO DA REDE 
 1 .Abrir o menú inicio e facer clic sobre Os meus sitios de rede. Aparece unha pantalla cós documentos compartidos na rede.
2. Para ver todos os ordenadores que forman parte da rede, facer un clic en ver equipos do grupo de traballo, mostrándose os equipos conectados na rede nese momento. 

·CONECTARSE A UNHA REDE WIFI DENDE UN EQUIPO 
Un equipo WiFi conéctase automaticamente a rede que haxa ó seu alcance. 
Facendo doble clic sobre un icono é posible elexir entre unha unha das redes inalámbricas dispoñibles tendo en conta que as redes con seguridade habilitada requiren un contrasinal.

·COÑECER A DIRECCIÓN IP
Para coñecer a IP que ten asinada un equipo da rede, débese executar o comando:
 ·Ifconfig: se é baixo Linux.
 ·Ipconfig: se é baixo Windows. 

·PING  
Serve para verificar a correcta conexión con outros dispositivos da rede. Ping envía paquetes de datos  ao dispositivo especificado por unha dirección IP. Ping é unha utilidade que diagnostica en redes de computadoras que comproba o estado da comunicación co host local cun ou varios equipos remotos dunha rede TCP/IP por medio do envío de paquetes ICMP de solicitude e de resposta. Mediante esta utilidade pode diagnosticarse o estado, velocidade e calidade dunha rede determinada
                  Ej/ ping 192.168.1.1.
Hai que comprobar as estadísticas para verificar se os paquetes enviados son entregados ou non.


No hay comentarios:

Publicar un comentario