viernes, 14 de febrero de 2014

Conexións entre dispositivos móviles

DISPOSITIVOS MÓBILES
 Os avances tecnolóxicos na miniaturización de dispositivos e a evaluación das redes inalámbricas levan cada vez mais á integración na nosa nociedade de dispositivos informáticos pequenos e portátiles. Estos dispositivos caracterízanse por ser móbiles, tendo capacidade de precesamento e comunicación na rede, polo que as posibilidades que ofrecen son practicamente infinitas: vixilancia, telefonía, música, fotos, vídeo, etc., en calquera momento e lugar.
 Os dispositivos móbiles son aparatos de pequeno tamaño, con algunhas capacidades de procesamento, con conexión permanente ou intermitente a unha rede, con memoria limitada, deseñados especificamente para unha función, pero que poden levar a cabo outras funcións máis xerais.
Entre os dispoditivos móbiles inclúense
- Ordenadores portátiles,unha computadora portátil ou ordenador portátil é un ordenador persoal móbil ou transportable, que pesa normalmente entre 1 e 3 kg.Os ordenadores portátiles son capaces de realizar a maior parte das tarefas que realizan os ordenadores de escritorio, tamén chamados "de torre", con similar capacidade e coa vantaxe do seu peso e tamaño reducidos; sumado tamén a que teñen a capacidade de operar por un período determinado sen estar conectada a unha rede eléctrica.
- Dispositivos de man (handheld), como teléfonos móbiles, como asistentes dixitais persoais (PDA), gps, videocámaras, etc.
- Dispositivos que se poden levar postos, como reloxos dixitais con funcianalidades semellantes a dos PDA, prendas de vestir con tecnoloxía implantada, sensores, etc.
- Dispositivos insertados en aparatos, como vehículos, electrodomésticos, etc.
A facilidade de transporte de moitos destos dispositivos, xunto coa súa capacidade para conectarse axeitadamente a redes en diferentes lugares, fai posible a computación móbil e ubicua.
Dispositivos móbiles


COMPUTACIÓN MÓBIL E UBICUA
·Chámase computación móbil á realización de tarefas informáticas mentras o usuario está en movemento ou en lugares diferentes do seu entorno habitual. Isto permite que os usuarios poidan acceder a internet ou incluso ao seu intranet (de casa ou do traballo) dende calquera lugar e poidan impremir utilizando a impresora mais cercana.
Unha das características esenciais para o uso de dispositivos móbiles é a súa coexión fácil a rede local mediante enlaces inalámbricos que poden manterse aínda que haxa movemento ( trens, barcos, etc.).
Un dispositivo colocado nun novo entorno reconfigúrase automaticamente e sen intervención do usuario. Por exemplo un teléfono móbil detecta de forma automática a nova rede ao viaxar a outro país. 
·Computación ubicua é a integración da información no entorno dos usuarios utilizando dispositovos móbiles que poidan comunicarse entre eles de forma intelixente e tranparente ao usuario. Por exemplo é posible ver a imaxe da cámara de vixilancia no móbil ou recibir un aviso cando a lavadora termina.
 Computación ubicua é entendida como a integración da informática no ámbito da persoa, de forma que os ordenadores non se perciban como obxectos diferenciados.
Computación móbil e ubicua

TIPOS DE CONEXIÓN INALÁMBRICA
A conexión dos dispositivos móbiles necesita redes de comunicacións inalámbricas (wireless networks). Existen diversas tecnoloxías de comunicacións inalámbricas. Algunhas das mais utilizadas son:
· Redes WiFi, son redes de área local inalámbrica para a conexión de ordenadores. 
· Redes WiMAX, son redes de área metropolitana (uns 50 km) que permiten a conexión por banda ancha de alta velocidade.
· Redes ad-hoc, permiten a conexión directa de dispositivos entre sí, sen necesidade de dispoñer dun punto de acceso que centralice a xestión das comunicacións inalámbricas de rede.
· Comunicación WAP, para comunicacións inalámbricas por telefonía móbil. 
· Redes por infravermellos (IR), permiten a comunicación entre dous dispositivos, visibles entre sí, usando ondas infravermellas.
· BlueTooth, utilízase para a conexión inalámbrica de corto alcance (10 metros). Esta tecnoloxía a incluien diversos dispositivos como teclados, ipod, móbiles, impresoras, PDA, cámaras dixitais, auriculares, etc., para intercambiar información.
Tipos de conexión inalámbrica

 ADAPTADORES USB
Para convertir algúns dispositivos como PC, potátiles, impresoras, etc., en móbiles pódese usar unha tarxeta inalámbrica ou un adaptador USB. A ventaxa dos adaptadores USB é que non necesitan montaxe, simplemente conectar o adaptador nun porto USB. 
 En computación, un adaptador é un dispositivo de hardware ou un compoñente software, que converte datos transmitidos nun formato a outro. O formato de datos pode ser, por exemplo, unha mensaxe enviada entre obxectos nunha aplicación, ou un paquete enviado a través dunha rede de comunicaciones.
Adaptadores USB

BLACKBERRY
 Nun dispositivo handheld inalámbrico co que se pode utilizar os servizos de correo electrónico, telefonía móbil, SMS, navegación web e outros servizos de información inalámbricos. 
BlackBerry é unha marca de teléfonos. Desarroiado pola compañía canadense BlackBerry que integra o servizo de correo electrónico móbil en 1999; aínda que inclúe as aplicacións típicas dun smartphone: libreta de direccións, calendario, listas de tarefas, block de notas etc., así como capacidades de teléfono nos modelos máis novos. É fundamentalmente coñecido polo seu teclado QWERTY incorporado, e pola súa capacidade para enviar e recibir correo electrónico de Internet accedendo ás redes das compañías de telefonía celular que brindan este servizo.
Blackberry 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario